LETRAS GALEGAS 2018

Si te gusta comparte...Share on Facebook0Tweet about this on TwitterEmail to someone

Por mor da miña orixe galega, o que amo a miña terra e a miña lingua, a súa xente, os seus costumes, o sol e a choiva, as praias e as montañas, as súas curvas e liñas rectas, as cidades e as súas vilas, a música,  as súas verbenas, o seu viño, o seu polbo, o seu cocido, a empanada, o licor café… cada ano lembramos en Que Chic  esta data adicada  ás Letras Galegas.

Este ano, un dos días máis especiais para os galegos é, por fin, dedicado a unha muller: María Victoria Moreno Márquez.

E é que desde o ano 2007, ano no que foi homenaxeada  María Mariño, non vimos un nome feminino ao que se dedicara o Día das Letras Galegas. O curioso é que a suma total das mulleres honradas neste día é de catro. Si, leron ben, desde Rosalía de Castro 1963, para o que se estableceu este día (como explicamos noutra entrada de Que Chic), Francisca Herrera Garrido 1987, María Mariño 2007, ata María Victoria Moreno Márquez 2018.  Aí o deixo, para reflexionar.

María Victoria 1

A escritora e mestra María Victoria Moreno Márquez, aínda que nace en Cáceres e se licencia en Filoloxía Románica en Madrid, chegou a Galicia en 1963, con 22 anos, para traballar como profesora. Aquí se establece e asume como propias esta terra e a súa lingua, proporcionando numerosos estudos literarios, ensaios, poesía, narrativa (nenos e mozos) e varias obras sobre didáctica da lingua e literatura galegas.

O seu primeiro libro en galego «Mar adiante» (1973) a converte nunha das voces pioneiras da narrativa infantil e xuvenil galega. «Anagnórise» (1989), da cal  foron publicadas 20 edicións  en poucos anos, é un dos seus maiores éxitos. Con «Leonardo e os fontaneiros» (1986), gañou o terceiro premio “Barco de Vapor”. «Gedellas de seda e liño» (1999) é outro exemplo da súa capacidade para conectarse co novo lector. En «Diario da luz e a sombra» (2004),  cóntanos a experiencia da enfermidade que acabaría coa súa vida un ano máis tarde, o 21 de novembro de 2005.

María Victoria

Pero ademais da súa produción literaria, María Victoria Moreno foi unha apaixonada pola lingua e literatura galegas, aspecto que transmitiu nas clases semiclandestinas de balde  que impartiu nos anos 70 en diferentes lugares da xeografía galega; ou os cursos sobre literatura galega destinados a profesores nos anos 80 e as clases oficiais de lingua e literatura española que impartiu durante décadas en varios institutos galegos. A escritora e profesora tamén é recoñecida polo seu traballo no campo da tradución; pola apertura da libraría Xuntanza, un lugar de encontro con outros intelectuais para promover a lectura ou por ser codirectora da colección infantil  “Árbore” da editorial Galaxia.

 «A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor». María Victoria Moreno (1993).

Feliz Día das Letras Galegas 2018!

carmen-blue11-e1401998995764Carmen Blue

Si te gusta comparte...Share on Facebook0Tweet about this on TwitterEmail to someone

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *