Archivo de la etiqueta: mulleres

LETRAS GALEGAS 2018

Si te gusta comparte...Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail to someone

Por mor da miña orixe galega, o que amo a miña terra e a miña lingua, a súa xente, os seus costumes, o sol e a choiva, as praias e as montañas, as súas curvas e liñas rectas, as cidades e as súas vilas, a música,  as súas verbenas, o seu viño, o seu polbo, o seu cocido, a empanada, o licor café… cada ano lembramos en Que Chic  esta data adicada  ás Letras Galegas.

Este ano, un dos días máis especiais para os galegos é, por fin, dedicado a unha muller: María Victoria Moreno Márquez.

E é que desde o ano 2007, ano no que foi homenaxeada  María Mariño, non vimos un nome feminino ao que se dedicara o Día das Letras Galegas. O curioso é que a suma total das mulleres honradas neste día é de catro. Si, leron ben, desde Rosalía de Castro 1963, para o que se estableceu este día (como explicamos noutra entrada de Que Chic), Francisca Herrera Garrido 1987, María Mariño 2007, ata María Victoria Moreno Márquez 2018.  Aí o deixo, para reflexionar. Sigue leyendo

Si te gusta comparte...Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail to someone